Novas do GI Esculca

X Seminario de Doutoramento en Educación. A investigación educativa e a mellora de escolas e comunidades

19 Xaneiro 2026
Categorías: Breves | Destacadas | Novas

O Grupo de Investigación Esculca organiza o “X Seminario de Doutoramento en Educación. A investigación educativa e a mellora de escolas e comunidades”, que se celebrará o 23 de abril de 2026 na aula Frei Martín Sarmiento da Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur) en modalidade híbrida. A inscrición será gratuíta (prazas limitadas).

RECOÑECEMENTO

O estudantado de doutoramento da USC que se inscriba poderá contar co recoñecemento como actividade formativa pola Escola de Doutoramento Internacional da USC. Para iso, deberán inscribirse tanto no formulario da organización como matricularse na seguinte ligazón da EDIUS.

No caso das persoas inscritas doutras universidades, só e preciso inscribirse no formulario da organización e recibirán unha certificación por parte do Comité Organizador.