Novas do GI Esculca

Xornada de Formación “El proceso de Transferencia de Conocimiento en Educación. Elementos clave”

3 Xuño 2026
Categorías: Novas

O vindeiro 18 de xuño de 2026, de 10:00 a 12:00 horas, terá lugar en formato híbrido na Sala Frei Martín Sarmiento (Facultade de Ciencias da Educación, Campus Sur) e Microsoft Teams, o taller “El proceso de Transferencia de Conocimiento en Educación. Elementos clave”. A sesión estará impartida por Lidia Fernández Pérez, integrante da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC.

Esta actividade enmárcase nas accións promovidas polo proxecto PEDApS(c), Plataforma Educativa ApS(c) para a Mellora da Reciprocidade Universidade-Comunidade, financiado no marco do Proxecto de Proba de Concepto do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2024-2027.

O obxectivo da formación é proporcionar unha visión práctica sobre os mecanismos de transferencia de coñecemento no ámbito educativo, destacando os elementos clave para converter os resultados da investigación en recursos, metodoloxías e iniciativas con capacidade de transformación social e educativa.

Máis información