Novas do GI Esculca

Celebración da xornada de formación “Raíces e horizontes: traballar con mulleres xitanas dende a educación”

20 Xaneiro 2026
Categorías: Breves | Novas

Hoxe o GI Esculca celebrou a Xornada de Formación titulada “Raíces e horizontes: traballar con mulleres xitanas dende a educación”, contando coa participación de dúas técnicas da Fundación Secretariado Gitano.

Esta actividade inscríbese no marco do proxecto de investigación “Las mujeres gitanas y su capital cultural y social: los Fondos de Conocimiento como vía de optimización” (17-05-ID25), e constitúe unha oportunidade para reflexionar sobre prácticas educativas comprometidas coa diversidade cultural e co-protagonismo das mulleres xitanas nos procesos de transformación social e educativa.