Novas do GI Esculca

Xornada de Formación “Raíces e horizontes: traballar con mulleres xitanas dende a educación”

11 Xaneiro 2026
Categorías: Novas

O día 20 de xaneiro de 2026, ás 10:00 h, terá lugar na Sala Frei Martín Sarmiento (Facultade de Ciencias da Educación, Campus Sur) a Xornada de Formación titulada Raíces e horizontes: traballar con mulleres xitanas dende a educación, contando coa participación de dúas técnicas da Fundación Secretariado Gitano.

Esta actividade inscríbese no marco do proxecto de investigación “Las mujeres gitanas y su capital cultural y social: los Fondos de Conocimiento como vía de optimización” (17-05-ID25), e constitúe unha oportunidade para reflexionar sobre prácticas educativas comprometidas coa diversidade cultural e co-protagonismo das mulleres xitanas nos procesos de transformación social e educativa.

Máis información