As profesoras do GI ESCULCA, Mar Lorenzo Moledo e Laura García Docampo, están a participar nas “Jornadas PROA+” en Pamplona. O encontro, organizado polo Ministerio de Educación, Formación Profesional y Deportes e o Departamento de Educación del Gobierno de Navarra, reúne a profesionais da educación para compartir experiencias, debater sobre boas prácticas e presentar proxectos innovadores no marco do Programa PROA+, co obxectivo de impulsar a equidade e a mellora educativa nos centros con maior complexidade.
