Novas do GI Esculca

XVII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE 27)

3 Setembro 2026
Categorías: Destacadas | Novas

O GI Esculca organiza o XVII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE27), por encargo da asociación científica Seminario Interuniversitario de Teoría de la Educación, que celebrarase entre os días 7 e 9 de xullo de 2027 na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela.

Desde a organización do Congreso invitamos a educadoras, educadores, investigadoras, investigadores e profesionais do ámbito educativo a participar neste espazo de reflexión compartida.

Será unha ocasión para contrastar ideas, experiencias e propostas de acción deliberativa en torno á intelixencia artificial e as súas implicacións educativas.

Pode consultar a páxina web oficial do Congreso para atopar máis información sobre o proceso de inscrición e o envío de propostas.

Ver cartel

Consultar programa