O GI ESCULCA organiza o XVIII Seminario Nacional Atención Educativa ao Alumnado Inmigrante, que nesta edición centrarase na abordaxe das organizacións cívicas e o desenvolvemento intercultural na escola. O Seminario celebrarase en formato presencial na Facultade de Ciencias da Educación (Edificio Sur, USC) os vindeiros 23 e 24 de outubro de 2026.
Ademais, tense solicitado a homologación á Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional como actividade de formación permanente do profesorado (12 h). A certificación desta actividade de formación estará suxeita á asistencia a un mínimo do 80% das sesións.
Límite de prazas: 150 asistentes.
