Grupo de Investigación ESCULCA

O GI ESCULCA é un Grupo de Referencia Competitiva do Sistema Universitario de Galicia ubicado na Facultade de Ciencias da Educación da USC.

Páxina de inicioMore information
XVII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE 27)

XVII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE 27)

O GI Esculca organiza o XVII Congreso Internacional de Teoría de la Educación (CITE27), por encargo da asociación científica Seminario Interuniversitario de Teoría de la Educación, que celebrarase entre os días 7 e 9 de xullo de 2027 na Facultade de Ciencias da...

Proxectos

PEDApS(C)

Proxecto de Proba de Concepto (2025) financiado polo Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades no que se desenvolverá o deseño dun prototipo de la plataforma educativa ApS(C) para a mellora da reciprocidade Universidade-Comunidade.

Las mujeres gitanas y su capital social: los Fondos de Conocimiento como vía de optimización

O proxecto "Las mujeres gitanas y su capital social: los Fondos de Conocimiento como vía de optimización" (MG-FdC) é unha investigación de carácter cualitativo que busca recoñecer, visibilizar e poñer en valor os saberes e prácticas das mulleres xitanas desde unha perspectiva interseccional. A través do enfoque dos fondos de coñecemento e metodoloxías como as historias de vida e entrevistas, o proxecto pretende recoller as voces de mulleres xitanas de diferentes xeracións para lexitimar un corpo de coñecementos historicamente invisibilizados.

Higher Education Against Racism & Hate Speech

Intercultural Competence and Counter-Narratives for Inclusive Campuses

Apsuni-c

Proxecto financiado polo Ministerio de Ciencia e Innovación no que se estuda a relación entre Universidade e Comunidade, en termos de reciprocidade, a través dos proxectos de aprendizaxe-servizo

Implicado2+

O Proxecto "Como lograr unha implicación familiar na educación desde a escola. A efectividade dun programa de formación para mestres e mestras de educación primaria", que responde ao acrónimo Implicado2+, é un traballo que incide sobre como a escola pode promover a implicación familiar e establecer relacións que favorezan e enriquezan o proceso educativo dos nenos e nenas.

Este é un proxecto que está financiado polo Ministerio de Ciencia Innovación en convocatoria competitiva, no marco do Programa Estatal para Impulsar a Investigación Científico-Técnica e a súa Transferencia, dentro do Plan Estatal de Investigación Científica, Técnica e de Innovación 2021-2023.

Mobilising university-community resources through SL(M) for the inclusion of migrants/refugees

Proxecto cofinanciado polo Programa Erasmus+ da Unión Europea no que a acción está centrada nas personas migrantes/refuxiadas en Europa que traballarán conxuntamente cos e coas estudantes da Universidade para identificar necesidades, formular accións, e involucrarse nun proceso de reciprocidade formativa e innovación social, a través da aprendizaxe-servizo.

Transferencia

Logotipo da Unidade de Investigación e Intervención en Dislexia

Novas do GI Esculca

Curso sobre saúde comunitaria e promoción do benestar

Curso sobre saúde comunitaria e promoción do benestar

No marco do proxecto Cooperación Galega que lidera o Prof. Geno Rodríguez, do GI Esculca, en colaboración con Farmamundi, organízase o curso "Saúde comunitaria para promocionar o benestar", unha iniciativa formativa orientada a coñecer e aplicar o enfoque da Saúde...

Publicación do podcast no marco do VII encontro Arredor do Rural

Publicación do podcast no marco do VII encontro Arredor do Rural

Vénse de publicar na web de Arredor do Rural o podcast do último encontro, que celebrouse na Facultade de Educación e Traballo Social da UVigo. Nesta edición, o guión foi elaborado polo alumnado de Socioloxía do Consumo e Identidades Culturais no 3º curso do Grao de...

RESOLUCIÓN | Convocatoria de Bolsas de Alumna/o Interna/o

RESOLUCIÓN | Convocatoria de Bolsas de Alumna/o Interna/o

O GI ESCULCA vén de publicar unha convocatoria de 2 Bolsas de Alumna/o Interna/o para o curso 2026/2027 coa finalidade de favorecer e promocionar a investigación educativa entre os mozos e mozas que se van graduando na universidade. Ver cartel Ver convocatoria...

Participación no I Encontro Científico do ICE

Participación no I Encontro Científico do ICE

O pasado 12 de novembro, na Facultade de Ciencias da Educación (Campus Sur), o profesor Miguel A. Santos Rego, coordinador do GI Esculca, participou no I Encontro Científico do Instituto de Ciencias da Educación (ICE-USC), baixo o lema «Impulsando unha cidadanía...